NOTICIAS

contraminateBycontraminate

A Xunta aproba un estudo mineiro de 156 cuadrículas mineiras en Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

cuadrículas

Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns (recursos da sección C), ameaza unha vez máis a nosa bisbarra.

O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba no DOG aprobaba a solicitude presentada o 20 de xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., dando o  permiso de investigación mineira de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo. Ler máis

contraminateBycontraminate

A mina de Corcoesto volve ao Pleno de Carballo

CONCELLO CARBALLO CADUCIDADE D.M 050Pois alí estivemos no día de onte, no Pleno do concello de Carballo xunto cos compañeiros da Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños onde o BNG presentou unha moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto aurífero de Corcoesto. No texto, acórdase solicitarlle á Xunta de Galicia mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto de Corcoesto. Ler máis

contraminateBycontraminate

A empresa mineira canadense Edgewater perde os dereitos mineiros de Corcoesto.

A lei de acompañamento aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, prevé a caducidade dos dereitos mineiros cando se denegue a autorización de explotación.

12107756_438377653024805_9033869319130294053_n


A publicación o pasado día 30 de decembro no Diario Oficial de Galicia da lei 12/2014, de 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, supón un novo e duro golpe para as pretensións da empresa canadense Edgewater e a súa filial, Mineira de Corcoesto, sobre a explotación da mina de ouro no Concello de Cabana de Bergantiños.

Ler máis

contraminateBycontraminate

A mina de Corcoesto en “La Sexta Columna”

Hoxe as 21.30 no programa “La Sexta Columna” de “La Sexta”, titulado “Pueblo Bravo”, emitirase unha entrevista sobre a mina de Corcoesto que lle fixeron a Serafín González Prieto, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural.

La sexta Columna 

scale (1)

contraminateBycontraminate

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños viaxa a Rosia Montana en Romanía

Participará nun foro internacional de carácter cultural no que se debaterá sobre minaría contaminante

Representantes da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños participarán entre os días 11 e 17 de agosto nun foro internacional en Rosia Montana, na rexión de Transilvania en Romanía, que acollerá a plataformas e grupos organizados de distintos países, como Grecia e Turquía, para loitar contra grandes proxectos de minaría a ceo aberto con uso de cianuro e outros contaminantes, para extracción de ouro e prata.

Ler máis