NOTICIAS

contraminateBycontraminate

Reposición do Milladoiro

O vindeiro sábado 9 de agosto as 20.00h se fará a tercera reposición do milladoiro de Santa Mariña despois de que fose destrozado por uns desaprensivos.

Ler máis

contraminateBycontraminate

A vixencia da DIA (declaración impacto ambiental) do proxecto de Corcoesto

10262004_249574775226345_2655401041534079736_n

Praia de Soesto. Nacho de Laxe

Estamos a vivir nun “caos da información”, un caos intencionado, tanto por parte dos medios de comunicación como da propia Administración galega. Chégannos cada día un bombardeo dirixido a confundirmos, noticias nas que predomina o sensacionalismo mediático por riba da rigurosidad e a veracidad da información. E así vivimos confundidos nunha marea de “corpos negros”, de ruido, de desinformación. Poñamos que falamos de Corcoesto, o exemplo que nos toca de máis perto. Que está a pasar coa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto desta mina de ouro en Bergantiños?

Ler máis

contraminateBycontraminate

O Plan Director da Rede Natura incumpre a normativa comunitariaEl Plan Director de la Red Natura incumple la normativa comunitaria

photo.php

NOTA DE PRENSA

Instrumentos normativos habilitadores para a desfeita da Rede Natura mediante a autorización xeneralizada das actividades extractivas

A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños analiza o recentemente publicado Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, sinalando algúns aspectos importantes do mesmo que até agora non foran suficientemente explicitados.

Ler máis

contraminateBycontraminate

Asturias contraminada con Bergantiños

CHARLA CORISTANCO 049

O pasado domingo, 30 de marzo, no edificio de Servicios Múltiples de Coristanco, Contramínate participou xunto coas plataformas pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e  Oro No de Asturies, máis a Asociación Amarante Setem nunha xornada de encontro e diálogo para reflexionar sobre os impactos que a megaminaría especulativa provoca sobre o territorio e as persoas. O encontro abriuse cunha charla informativa sobre a problématica do proxecto mineiro de Corcoesto a cargo da bióloga Isabel Segura, que aclarou as dúbidas dos asistentes e insistiu especialmente sobre o perigo de contaminación por arsénico e cianuro do río Anllóns e augas abaixo, da ría de Corme e Laxe.

Ler máis

contraminateBycontraminate

Nota de prensa pola denegación do proxecto mineiro de Corcoesto

A Consellería de Economía e Industria dita resolución de denegación definitiva do proxecto mineiro de Corcoesto.

  • A resolución asinada polo director xeral de enerxía e minas tumba definitivamente o proxecto mineiro promovido por Edgewater.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños vén de ter coñecemento de que con data 11 de marzo de 2014 Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de enerxía e minas ditou resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto que afectaba aos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Ler máis