LAXE

contraminateBycontraminate

O TTIP: resumo da charla informativa en Laxe

Charla TTIP

A Unión Europea e os EEUU levan tres anos negociando un tratado para crear unha gran área de libre comercio, conocido como TTIP polas súas siglas en inglés: Tratado Transatlántico de Comercio e Inversiones. Se se chega a un acordo, a ambición é cerralo a finais deste 2016. Pero este tratado levanta moita polémica en Europa e nesta charla, a cargo de Gonzalo Rodríguez, profesor de Economía Aplicada na USC e membro de ATTAC, que tivo lugar o 21 de maio de 2016 no Salón de Actos do Concello de Laxe, tratamos de comprender os puntos máis conflitivos deste tratado.

Ler máis

contraminateBycontraminate

Glifosato, non grazas: instrucións para detelo

O herbicida máis usado do mundo, según estudos da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, amosou ser un axente canceríxeno e disruptor endocrino que causa tumores nos tecidos animais. Igualmente, existe evidencia do seu perigo nos humáns.

Entre o 18 e o 19 de maio de 2016, a Comisión Europea intentou sen éxito prorrogar a autorización do glifosato por 9 anos máis  (para usos profesionais e non profesionales, en agricultura e mantemento de xardíns).

Ler máis

contraminateBycontraminate

O TTIP, un troiano na Unión Europea?

Charla informativa en Laxe

O sábado, 21 de maio, Contramínate organiza unha charla-coloquio acerca do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións) que se está a negociar entre a Unión Europea e os EEUU.
Gonzalo Rodríguez, profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC e membro de ATTAC, aclarará os puntos principais polos que debemos estar alertas.
Esperámosvos no salón de actos do Concello de Laxe ás 18h.
Prégase difusión.
Charla Coloquio_TTIP_Contraminate_ cartel A4-01
contraminateBycontraminate

Proxección do Documental Fíos Fora

O documental sobre a crise do textil en Galicia.

O vindeiro sábado , 9 de abril ás 18 horas no Salón de Actos de Laxe.

Pola súa implicación social e para defender os dereitos fundamentais das traballadoras do téxtil, Contramínate en colaboración coa Asociación Amarante Setem organiza a proxección deste traballo de Illa Bufarda, produtora  integrada por dúas profesionais do sector audiovisual, Sabela Iglesias e Adriana P.Villanueva.

Non faltedes, a entrada será de balde.

Fios Fora

cartel_fios_fora copia

contraminateBycontraminate

O Concello de Laxe, libre de eólicos

valle soesto e traba

A semana pasada, varios  colectivos preocupados pola conservación dos espazos naturais de Laxe presentamos alegacións ao proxecto de parque eólico de Pena Forcada Catasol II.

Ler máis