Accións

contraminateBycontraminate

A nosa loita, de novo no Parlamento Europeo – Proxecto Mineiro de CorcoestoNuestra lucha, nuevamente en el Parlamento Europeo – Proyecto Minero de Corcoesto

Imagen de previsualización de YouTube

O pasado 20 de xaneiro, Ana Martina Varela e a deputada do BNG Ana Miranda, en representación da Asociación Petón do Lobo e da Plataforma pola Defensa de Corcoesto, asistiron á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, en Bruxelas, para denunciar o impacto do macro-proxecto que a empresa Edgwater pretende levar a cabo en Corcoesto.

Trala intervención das peticionarias, a portavoz da Comisión de Peticións, Valeria Pedregal, comentou que a Comisión do Parlamento, nunha comunicación escrita en marzo do 2013, solocitou ás autoridades españolas un informe sobre as características do proxecto: o seu estado de tramitación e máis a súa compatibilidade e cumprimento coas directivas europeas. A resposta que recibiu a Comisión inclúe os informes das Consellerías de Medio Ambiente e de Economía e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

De acordo coa información transmitida polas devanditas autoridades o proxecto de mina de ouro en Corcoesto “non foi autorizado e pola contra actualmente estanse a tramitar os procedementos e unhas tramitacións para unha resolución denegatoria deste proxecto”. Ademais, Pedegral explica que as autoridades españolas transmitiron que, no caso de presentaren un novo proxecto, este debería someterse á tramitación administrativa e ambiental correspondente. Deste xeito, vemos con preocupación como o proxecto segue aberto á posibilidade dunha explotación a cargo dunha empresa con maior capital financeiro.

Por ende, a Comisión con toda a información recibida “non identifica ningunha infracción da lexislación ambiental europea”.

Tres dos cinco parlamentarios pediron que a nosa petición siga aberta ata que a Xunta dea por finalizados os trámites de denegación do proxecto, pero insisten no feito de que a DIA (declaración de impacto ambiental) do proxecto de Edgewater foi aprobada no seu momento pola Xunta e ten unha vixencia de cinco anos.

Agradecemos a mediación das nosas representantes no Parlamento Europeo e seguimos á espera de que a Xunta denegue de xeito definitivo e irreversible o proxecto de Corcoesto, sen perder de vista a nosa loita para que se prohíban tanto o emprego do cianuro como as minas a ceo aberto.

Imagen de previsualización de YouTube

El pasado 20 de enero, Ana Martina Varela y la diputada del BNG Ana Miranda, en representación de la Asociación Petón de Lobo y de la Plataforma por la Defensa de Corcoesto, asistieron a la Comisión de Peticiones del Parlamento Europeo, en Bruselas, para denunciar el impacto del macro-proyecto que la empresa Edgwater pretende llevar a cabo en Corcoesto.

Tras la intervención de las peticionarias, la portavoz de la Comisión de Peticiones, Valeria Pedregal, comentó que la Comisión del Parlamento, en una comunicación escrita en marzo de 2013, solicitó a las autoridades españolas un informe sobre las características del proyecto: el estado de tramitación además de la compatibilidad y cumplimiento con las directivas europeas. La respuesta que recibió la Comisión incluye los informes de las Consejerías de Medio Ambiente y de Economía e Infraestructuras de la Xunta de Galicia.

De acuerdo con la información transmitida por las correspondientes autoridades, el proyecto de mina de oro en Corcoesto “no fue autorizado y por el contrario actualmente se están tramitando los procedementos y unas tramitaciones para una resolución denegatoria de este proyecto”. Además, Pedregal explica que las autoridades españolas transmitieron que, en caso de presentarse un nuevo proyecto, éste debería someterse a la tramitación administrativa y ambiental correspondiente. De este modo, vemos con preocupación cómo el proyecto sigue abierto a la posibilidad de una explotación a cargo de una empresa con mayor capital financeiro.

Por ende, la Comisión con toda la información recibida “no identifica ninguna infracción de la legislación ambiental europea”.

Tres de los cinco parlamentarios pidieron que nuestra petición siga abierta hasta que la Xunta dé por finalizados los trámites de denegación del proyecto, pero insisten en el hecho de que la DIA (declaración de impacto ambiental) del proyecto de Edgewater fue aprobada en su momento por la Xunta y tiene una vigencia de cinco años.

Agradecemos la mediación de nuestras representantes en el Parlamento Europeo y seguimos a la espera de que la Xunta deniegue de forma definitiva e irreversible el proyecto de Corcoesto, sin perder de vista nuestra lucha para que se prohiban tanto el empleo del cianuro como las minas a cielo abierto.

contraminateBycontraminate

Fin de semana contraminadoFin de semana contraminado

Mineira de Corcoesto non abandona a sua oficina de Cabana de Bergantiños. Namentres o activismo continua.

A primeira xornada de debate sobre “As luitas ambientais na Galiza de hoje”, organizada pola Assembleia Comarcal de NÓS, celebrouse o venres no Centro Social Gomes Gaioso da Coruña. Logo da proxección do documental “Rosa de Corcoesto” en presencia do seu autor, Bocixa, o público asistente participou nunha conversa/debate xunto a membros da asociación Petón do Lobo e Contramínate que aportaron información sobre o traballo realizado pola Plataforma de Corcoesto e Bergantiños arredor do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto, sobre a situación da mobilización social no pasado, no presente e as perspectivas de futuro.

Charla Marta Coruña 054

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños recibimos onte á Asociación Cultural Monte da Estrela para mostrarlle sobre o terreo as zonas que serían afectadas pola mina de Corcoesto. Iniciamos o roteiro ás dez e media da mañá en Santa Mariña e percorremos os sendeiros do que algúns queren converter na escombreira de Bergantiños, subindo ata o alto do Monte Perrol, nun paseo de 17 quilómetros por unhas paraxes singulares desde onde observamos distintos puntos da comarca, como os vales de Corcoesto, Cereo e Valenza, o esteiro do Anllóns e o litoral de Malpica, coas illas Sisargas ao fondo. Tivemos ocasión de ver o regato Lourido en todo o seu esplendor, demostrando así como unha enchenta pode convertir a este pequeño regato nun río de abundante caudal. Todo o percorrido estaba sinalizado con datos extraidos do proxecto de Edgewater, o que axudou á comprensión da magnitude deste proxecto.1926207_232752376908585_1238984158_o

Mineira de Corcoesto no abandona su oficina en Cabana de Bergantiños. Mientras tanto, el activismo continúa.

La primera jornada de debate sobre “Las luchas ambientales en la Galicia de hoy”, organizada por la Asamblea Comarcal de NÓS, se celebró el viernes en el Centro Social Gomes Gaioso de A Coruña. Después de la proyección del documental “Rosa de Corcoesto” en presencia de su autor, Bocixa, el público asistente participó en una mesa redonda junto a miembros de la asociación Petón do Lobo y Contramínate que aportaron información sobre el trabajo realizado por la Plataforma de Corcoesto y Bergantiños acerca del proyecto de mina de oro a cielo abierto de Corcoesto, sobre la movilización social en los meses pasados, en el momento presente y las perspectivas de futuro.

Charla Marta Coruña 054

La Plataforma por la Defensa de Corcoesto y Bergantiños recibimos ayer a la Asociación Cultural Monte da Estrela para mostrarle sobre el terreno las zonas que serían afectadas por la mina de Corcoesto. Iniciamos la ruta a las diez y media da mañana en Santa Mariña y recorrimos los senderos de lo que algunos quieren convertir en la escombrera de Bergantiños, subiendo hasta lo más alto del Monte Perrol, en un paseo de 17 kilómetros por unos parajes de singular belleza desde los que observamos distintos puntos de la comarca, como los valles de Corcoesto, Cereo y Valenza, el estuario del Anllóns y el litoral de Malpica, con las islas Sisargas al fondo. Tuvimos ocasión, igualmente, de admirar el regato Lourido en todo su esplendor, demostrando así como una crecida podría convertir a este pequeño regato en un río de abundante caudal. Toda la ruta estaba señalizada con datos extraídos del proyecto de Edgewater, lo que ayudó a la comprensión de la magnitud de este proyecto.

ROTEIRO CORCOESTO 15-02-2014 106

contraminateBycontraminate

Xornadas debate, charlas e camiñada Jornadas de debate, charlas y caminata

Nos próximos días compañeiros de Contraminate e da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños participaremos en xornadas, debates e un roteiro  por Corcoesto.

  • Venres 14 de febreiro, 20:30 horas. Xornadas de debate arredor das loitas ambientais, organizadas por NÓS-Unidade Popular, no Centro Social Gomes Gaioso da Coruña. Antes da mesa redonda proxectarase o Documental “Rosa de Corcoesto” de Xosé Antón Bocixa.
  • Sábado 15 de febreiro, 18:30 horas. Charla- debate “Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías ou o Estado”, organizada no marco do 9° encontro da Rede Galega de Sementes, na Praza do Campo, Irmáns García Naveira, de Betanzos.
  • Sábado 15 de febreiro, roteiro por Corcoesto, de 17 km, organizada pola asociaición Cultural Monte da Estrela e guiada  por membros da Plafatorma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños. A dificultade é media-baixa e a inscrición é obrigatoria. direcion@montedaestrela.org. Sairase dende a Carballeira de Santa Mariña as 10.30 da mañán. A xente que non sepa chegar a carballeira pode acercarse a Pazos, ó Bar Paula  as 9.30-9.45 h.,onde estará xente da Plataforma esperando polos participantes do roteiro que veñen dende Arteixo.

 1653569_228512510665905_799520844_n

1619161_228786917305131_1857225414_n

Microsoft Word - P1441IS01_PORTADAS.doc

En los próximos días  compañeros de Contramínate y la Plataforma por la Defensa de Corcoesto y Bergantiños participaran en jornadas , debates y una caminata por Corcoesto.

  • Viernes 14 de febrero, 20:30 horas. Jornadas  de debate en torno a las luchas ambientales, organizadas por NÓS-Unidad Popular, en el Centro Social Gomes Gaioso, de Coruña. Antes de la mesa redonda se proyectará el Documental “Rosa de Corcoesto” de Xosé Antón Bocixa.
  • Sábado 15 de febrero, 18:30 horas. Charla- debate “Apropiación de los recursos naturales por parte de las oligarquías o el Estado”, organizada en el marco del 9° encuentro de la Rede Gallega de Sementes, en la Plaza del Campo, Irmáns García Naveira, de Betanzos.
  • Sábado 15 de febrero ,10 horas salida de la Caminata por Corcoesto, de 17 km, organizada por la asociaición Cultural Monte de la Estrella y guiada por por miembros de la Plafatorma por la Defensa de Corcoesto y Bergantiños. La dificultad es media-baja y la inscripción es obligaroria. direcion@montedaestrela.org

1653569_228512510665905_799520844_n1619161_228786917305131_1857225414_n

contraminateBycontraminate

A oposición veciñal á mina de Corcoesto viaxa ao Parlamento EuropeoLa oposición vecinal a la mina de Corcoesto viaja al parlamento Europeo

  • A Comisión de Peticións analiza o informe científico da Universidade de Santiago sobre a mobilización do arsénico.

  • Tamén examinará outras denuncias presentadas polos veciños sobre a vulneración da normativa comunitaria.

Unha representación da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e da Asociación Petón do Lobo estará o vindeiro día 20 de xaneiro en Bruxelas para explicar o impacto que a mina de ouro que se pretendía abrir en Corcoesto, tería sobre a comarca de Bergantiños e unha ampla zona dos Concellos da Costa da Morte.

Acode invitada pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, que nunha sesión que poderá ser seguida en directo a través da web do Parlamento[1] desde ás 16:30 horas da tarde, analizará os graves impactos que o frustrado proxecto mineiro tería para a poboación, tanto no eido da saúde, como no ambiental, económico e social.

Para iso, a Comisión examinará previamente o informe elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a mobilización do arsénico en Corcoesto. Neste informe indícase que o proxecto subestima a mobilidade real do arsénico e, en consecuencia, minimíza os efectos que este elemento químico altamente canceríxeno tería sobre a saúde da poboación e o medio natural. Nel tamén se pon de manifesto o incumprimento da lexislación comunitaria en materia de residuos mineiros. Malia todo, a empresa canadense Edgewater obitivo da Xunta de Galicia unha Declaración de Impacto Ambiental positiva.

Durante a súa intervención, que durará uns 10 minutos, a nosa representante trasladará á Comisión os graves impactos económicos que a minería de ouro causaría aos habitantes da Comarca de Bergantiños, que basean a súa subsistencia depende principalmente dos sectores forestal, agrícola, gandeiro, pesqueiro e turístico. A este efecto, recordarán aos membros da Comisión que o proxecto contempla a destrución de 392 ha de superficie forestal, o uso de 1,5 toneladas diarias de cianuro, o consumo de miles de millóns de metros cúbicos de auga, a eliminación total do río Lourido, a xeración de 17 millóns de toneladas de residuos de lixiviación cianurados e de 190 millóns de toneladas de entullos que contaminarán a terra e as augas por centos de anos.

Para defender esta posición contraria á minaría e explicar seus efectos negativos, apoiarase en multitude de experiencias negativas vividas en países como Arxentina, Chile, Romanía e mesmo a propia Península Ibérica, derivadas da contaminación da auga polos compostos cianurados e outros metais pesados, e da contaminación do aire polas partículas de arsénico en suspensión.

O obxectivo desta comparecencia no Parlamento Europeo sería o de solicitar que se vele polo cumprimento da normativa comunitaria en materia de avaliación ambiental, en materia de augas e de xestión de residuos, así como o de lograr unha declaración institucional en contra deste tipo de minería en xeral e contra o proxecto de Corcoesto en particular.

[1] http://www.europarl.europa.eu/committees/es/PETI/home.html

  • La Comisión de Peticiones analiza el informe científico de la Universidad de Santiago sobre la mobilización del arsénico.
  • También examinará otras denuncias presentadas por los vecinos sobre la vulneración de la normativa comunitaria.

Una representación de la Plataforma por la Defensa de Corcoesto y Bergantiños y de la Asociación Petón do Lobo estará mañana, 20 de enero, en Bruselas para subrayar el impacto que tendría la mina de oro que se pretende abrir en Corcoesto sobre la comarca de Bergantiños y una amplia zona de los Concellos de la Costa da Morte.

Esta representación acude invitada por la Comisión de Peticiones del Parlamento Europeo, que en la sesión que podrá ser seguida en directo a través de la web del Parlamento[1] desde las 16:30 horas de la tarde, analizará los graves impactos que el frustrado proyecto minero tendría para la población, tanto en el terreno de la salud como en lo ambiental, económico y social.

A este efecto, la Comisión examinará previamente el informe elaborado por la Universidad de Santiago de Compostela acerca de la mobilización del arsénico en Corcoesto. En este informe se indica que el proyecto minero subestima la movilidad real del arsénico y, en consecuencia, minimiza los efectos que este elemento químico altamente cancerígeno podría tener sobre la salud de la población y el medio natural. En el mismo documento se pone de manifiesto el incumplimiento de la legislación comunitaria en materia de residuos mineros. Pese a todo, la empresa canadiense Edgewater obtuvo una Declaración de Impacto Ambiental positiva por parte de la Xunta.

Durante su intervención, que durará unos 10 minutos, una representación de los colectivos afectados tiene previsto informar a la Comisión de los graves impactos económicos que la minería del oro causaría a los habitantes de la comarca de Bergantiños, cuya subsistencia depende principalmente de los sectores forestal, agrícola, ganadero, pesquero y turístico. A este efecto recordarán a los miembros de la Comisión que el proyecto contempla la destrucción de 392 ha de superficie forestal, el uso de 1,5 toneladas diarias de cianuro, el consumo de miles de millones de metros cúbicos de agua, la eliminación total del río Lourido, la creación de 17 millones de toneladas de residuos de lixiviación cianurados y de 190 millones de toneladas de escombros que contaminarían la tierra y el agua durante siglos.

Para defender la posición contraria a la minería y explicar las consecuencias negativas de este tipo de minería sobre la salud pública y el medio ambiente, se apoyarán en los datos aportados por las múltiples experiencias negativas vividas en países como Argentina, Chile, Rumanía y otros países, incluida la propia Península Ibérica, derivadas de la contaminación del agua por los compuestos cianurados y otros metales pesados, así como de la contaminación del aire por las partículas de arsénico en suspensión.

El objetivo de esta comparecencia en el Parlamento Europeo sería solicitar que se vele por el cumplimiento de la normativa comunitaria en materia de evaluación ambiental, en materia de augas y de gestión de residuos, así como el de lograr una declaración institucional en contra de este tipo de minería en general y contra el proyecto de Corcoesto en particular.

[1] http://www.europarl.europa.eu/committees/es/PETI/home.html

contraminateBycontraminate

“Ouro Impuro: a loita por Corcoesto”“Oro Impuro: una lucha por Corcoesto”

SANTIAGO 102

A Plataforma Salvemos Cabana leva o conflito mineiro de Corcoesto a unha exposición fotográfica de carácter itinerante

Fonte: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

A mostra, primeira realizada en Galicia sobre esta temática e baixo o título “Ouro Impuro: A loita por Corcoesto”, foi inaugurada o pasado 11 de Novembro na galería central do Forum Metropolitano da Coruña onde estivo aberta ao publico ata o día 30 do mesmo mes.

Dende a cidade herculina, a exposición estará dispoñible en Santiago de Compostela na Biblioteca Pública Anxel Casal do 18 de Decembro ao 10 de Xaneiro de 2014, para logo emprender un percorrido itinerante durante o primeiro semestre do ano por diversas localidades galegas que concluirá en Castilla-León e Cataluña na segunda metade do ano.

A exposición, organizada en dúas montaxes distintas de 24 e 36 imaxes respectivamente en función do espazo expositivo, fai un percorrido en tres fases polos valores naturais de Cabana de Bergantiños e a parroquia de Corcoesto (unha das dez que integran o seu concello), as actividades tradicionais e o reflexo nunha selección de imaxes da loita popular iniciada durante o verán de 2012 para parar o proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Exploration na Bisbarra de Bergantiños.

A mostra quere servir de recordatorio gráfico de como a mobilización social continuada en defensa do medio ambiente e da saúde das persoas conseguiu o fito histórico en Galicia de parar por primeira vez un perigo potencial a grande escala antes de ocorrer, a diferenza do acontecido coa catástrofe do Prestige ou a devastación provocada polo incendio que consumiu o Monte Pindo en datas recentes.

De feito, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ningunha actividade industrial é tan agresiva como a minaría a ceo aberto, debido á interminable lista de impactos que leva consigo sobre aire, auga e chans e a gran perigosidade que leva consigo debido ás substancias reactivas empregadas na recuperación do mineral (546.000 kg anuais de cianuro no caso de Corcoesto).

Ademais, de terse levado a cabo, as balsas de residuos mineiros de Corcoesto terían suposto unha “bomba de reloxaría ambiental” para as xeracións futuras a cambio dun proxecto de escasos anos de duración que ademais poñería en risco os miles de empregos directos e indirectos xa consolidados nos sectores agropecuario, marisqueiro e turístico, que son a base da economía da zona. Tal e como se recolle na exposición, a anulación dos plans de Edgewater en Corcoesto foron un triunfo da sociedade civil e da dignidade colectiva, pero sobre todo un triunfo da razón e o sentido común fronte á irracionalidade dos mercados e quen a defende. En definitiva, unha aposta pola vida.


La Plataforma Salvemos Cabana lleva el conflito minero de Corcoesto a una exposición fotográfica de carácter itinerante

Fuente: Xornal de Galicia | Domingo, 17 Noviembre, 2013 – 10:56

La primera muestra realizada en Galicia sobre esta temática y con el título “Oro Impuro: una lucha por Corcoesto”, fue inaugurada el pasado 11 de Noviembre en la galería central del Forum Metropolitano de A Coruña donde estuvo abierta al público hasta el día 30 del mismo mes.

Desde la ciudad herculina, la exposición estará expuesta en Santiago de Compostela en la Biblioteca Pública Anxel Casal desde el 18 de Diciembre al 10 de Enero de 2014, para luego emprender un recorrido itinerante durante el primer semestre del año por diversas localidades gallegas que concluirá en Castilla-León y Cataluña en la segunda mitad del año.

La exposición, organizada en dos montages distintos de 24 y 36 imagenes respectivamente en función del espacioo expositivo, hace un recorrido de tres fases por los valores naturales de Cabana de Bergantiños y la parroquia de Corcoesto (una de las diez que integran su concello), las actividades tradicionales y el reflejo de la lucha popular iniciada durante el verano de 2012 para parar el proyecto minero de la empresa canadiense Edgewater Exploration en la Bisbarra de Bergantiños.

La muestra quiere servir de recordatorio gráfico de como la mobilización social continuada en defensa del medio ambiente y de la salud de las personas conseguió un hecho histórico en Galicia de parar por primera vez un peligro potencial a gran escala antes de ocurrir, a diferenciaa de lo acontecido con la catástrofe del Prestige o la devastación provocada por el incendio que consumió el Monte Pindo el año pasado.

De hecho, existe un consenso declarado a nivel internacional de que ninguna actividad industrial es tan agresiva como la minería a cielo abierto, debido a la interminable lista de impactos que lleva consigo sobre aire, auga y suelo y el gran perigro que supone debido a las substancias reactivas empleadas en la recuperación del mineral (546.000 kg anuales de cianuro en el caso de Corcoesto).

Además, de llevarse adelante el proyecto, las balsas de residuos mineros de Corcoesto serían una “bomba de relojería ambiental” para las generaciones futuras a cambio de un proyecto de pocos años de duración que además pondría en riesgo los miles de empleos directos e indirectos ya consolidados en los sectores agropecuario, marisquero y turístico, que son la base de la economía de la zona. Tal y como se recoge en la exposición, la anulación de los planes de Edgewater en Corcoesto fueron un triunfo de la sociedad civil y de dignidad colectiva, pero sobre todo un triunfo de la razón y el sentido común frente a la irracionalidad de los mercados y de quienes los defienden. En definitiva, una apuesta por la vida.