Apoia a nosa petición en change.org

contraminateBycontraminate

Apoia a nosa petición en change.org

petición en Change

Contramínate acaba de lanzar unha petición pedindo a paralización a Consellería de Medioambiente do Plan Director da Rede Natura 2000 que publicou o luns 31 de marzo, unha iniciativa que permitía actividades extractivas a ceo aberto nuns espazos protexidos por lei e que xa denunciamos nesta mesma páxina nunha entrada do 1 de abril. Lembramos que a Rede Natura só abrangue un 12% do territorio galego, en comparación coa media de 24% a nivel estatal, así como o feito de que España xa ten recibidas amonestacións por non respectar estes espazos da Rede. Desde os colectivos afectados pola ameaza da minaría a ceo aberto recibimos esta noticia como unha vía libre legal para as compañías mineiras que por exemplo, aínda non se marcharon de Cabana de Bergantiños, no caso de Corcoesto, ou que teñen previsto instalarse noutros puntos da xeografía galega, sen que os espazos protexidos sexan un obstáculo para elas. Observamos con inquedanza como mesmo desde a Consellería de Medioambiente parece actúar en connivencia con esas compañías que só queren espoliar o territorio. E unha vez  mais repetimos: Galicia non é unha mina! Esta campaña ten por obxecto acompañar unha denuncia ante a Comisión Europea. Axúdanos a conseguir as sinaturas necesarias. Non consintamos o espolio dos nosos bens naturais. Apoiade e difundide!

  • Petición dirigida a: Comisión de las Comunidades Europeas

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Leave a Reply