Artivismo, arte contraminado

contraminateBycontraminate

Artivismo, arte contraminado

Moitas foron as obras, pensamentos e accións que xurdiron inspiradas pola loita contra o proxecto mineiro de Corcoesto. A rabia e a impotencia ante esta ameaza sen precedentes serviron de revulsivo a moitos artistas que expresaron de xeito diverso os seus sentimentos, convertendo a súa arte en denuncia viva contra a inxustiza de aqueles que consideran o ouro e o diñeiro como valores por riba da natureza e do territorio.

Artivismo 1

Esculpindo facianas que berran MINA NON!

Artistas que traballaron arreo:

 

 

 

 

 

 

Artivismo2

Representando ao cobizoso señor da minería.

                        Contraminando certames de pintura:

Artivismo3

O concurso de pintura ó aire libre Álvarez de Soutomaior en Ponteceso.

Artivismo4

O certame de pintura rápida Faro Vilán en Camariñas.

A convocatoria “Verbas ao vento” da Universidade da Coruña:

Artivismo5

Propostas de arte postal nacionais e internacionais:

Artivismo6

Felicitando as festas:

Artivismo7

Facendo da propia exposición un acto reivindicativo:

Artivismo8Enarborando o Bosque:  

Artivismo9

Artivismo10

Artivismo11

Coas “Princesiñas de Corcoesto”:  

Artivismo12

A ameaza da mina convocou a centos de artistas, uns consagrados, outros anónimos, que chegastes de todas partes, respondendo ó aturuxo, e fixestes posible a construción dun milladoiro para invocar ós espíritos protectores da terra.

Artivismo13 Artivismo14

Nesta homenaxe queremos lembrar a todas as persoas que puxestes a creatividade ó servicio da loita contra a destrucción, que é a nosa causa común. Aínda que non vos nomeemos, non nos esquecemos de ninguén.

CONTRAMINATE quere lembrar de xeito especial as persoas que crearon os logos oficiais das plataformas Contramínate, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e Contraminacción, así como a toda esas persoas que deseñaron carteis, chapas e camisetas, colorearon as bandeiras e debuxaron pancartas, dando que falar a favor da nosa reivindicación: grazas!

Queremos lembrar a escritores e poetas que participastes na edición do poemario Versus Cianuro e percorrestes a xeografía galega cos recitais antimina. Desde os nosos vates máis universais, comprometidos desde sempre coa defensa do medioambiente, ata os máis locais, a todos os artistas da palabra que puxestes letra e voz aos nosos manifestos: faltan palabras para darvos as grazas! E grazas tamén a todas as persoas que cantaron e entonaron as nosas letras:

Artivismo15 Como eles… Artivismo16

Documentalistas que estivestes aí para deixar constancia na historia do que acontece en Corcoesto, e fotógrafos que rexistrastes todos os eventos: as manifestacións, as andaínas, as pedras do milladoiro e á xente que deu a cara por Corcoesto: un milleiro de grazas polo voso enfoque e pola vosa constancia.

 Artivismo17

Ás cantantes e aos músicos que aledastes tantos traballos e fixestes posible os concertos-denuncia, unha modalidade que non perde vixencia nin atractivo co voso talento. Un exército de cantores coreastes consignas e animastes como se fosen esmorgas as nosas manifestacións: grazas pola música!

Actrices e actores que portastes camisetas ou carteis de NON á MINA nas vosas representacións en complicidade coas nosas reivindicacións: grazas por dar a cara!

A arte é asunto de todas e todos, e a forma máis creativa e se cadra, efectiva, de facer denuncia social. Quen participamos desta proposta temos en común a intención de inocular na sociedade este espírito crítico e libertario, xunto coa toma de conciencia dos problemas que nos rodean, para vivir en paz, sen necesidade de barricadas, e gozar nesta gran festa que é a vida ao carón da natureza.

MINA NON!

 

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Leave a Reply