A mina de Corcoesto volve ao Pleno de Carballo

contraminateBycontraminate

A mina de Corcoesto volve ao Pleno de Carballo

CONCELLO CARBALLO CADUCIDADE D.M 050Pois alí estivemos no día de onte, no Pleno do concello de Carballo xunto cos compañeiros da Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños onde o BNG presentou unha moción sobre a caducidade dos dereitos mineiros do proxecto aurífero de Corcoesto. No texto, acórdase solicitarlle á Xunta de Galicia mediante o escrito formulado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños a incoación urxente do procedemento de caducidade dos dereitos mineiros relacionados co proxecto de Corcoesto.

CONCELLO CARBALLO CADUCIDADE D.M 151No debate da moción, o portavoz do BNG Xosé Regueira instou a Nuñez Centeno, portavoz do Partido Popular, a que se fixese coa maior brevedade posible este procedemento e a que se comprometesen, no caso de que xurdise un novo proxecto o día de mañán, a posicionarse en contra de proxectos destas características. Na sua réplica o voceiro popular afirmou que a Xunta de Galicia  está a realizar dito procedemento de caducidade, nembargantes Nuñez Centeno volveu a  insistir na defensa deste proxecto alegando que se denegou o proxecto por motivos financieiros e non medioambientais. Tamén o voceiro do Partido Popular  afirmou que “no caso de que haxa outras empresas que estivesen interesadas en realizar proxectos coma o de Corcoesto terán o apoio do Partido Popular”.   Ao final a mocíón foi aprobada polos votos a favor do BNG e do PSOE, abstivéndose TEGA e votando en contra os concelleiros do Partido Popular. Tamén queremos destacar que ó principo da sesión plenaria se gardou un minuto de silencio polas víctimas do accidente de avión dos Alpes e mais  polos dous mariñeiros veciños de Laxe que perderon a vida mentres faenaban, accidente que nos tocou ben de cerca aos contraminados laxenses.

CONCELLO CARBALLO CADUCIDADE D.M 027

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

1 Comment so far

Heating OxnardPosted on  9:34 am - Jul 10, 2015

Hi, I do believe this is an excellent blog. I stumbledupon it 😉 I may revisit once again since I bookmarked it.
Money and freedom is the greatest way to change, may you be rich and continue to help
others.

Take a look at my website: Heating Oxnard

Leave a Reply