A Xunta aproba un estudo mineiro de 156 cuadrículas mineiras en Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

contraminateBycontraminate

A Xunta aproba un estudo mineiro de 156 cuadrículas mineiras en Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

cuadrículas

Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns (recursos da sección C), ameaza unha vez máis a nosa bisbarra.

O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba no DOG aprobaba a solicitude presentada o 20 de xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., dando o  permiso de investigación mineira de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

O expediente do permiso de investigación, denominado Isabela II nº7121, queda sometido a información pública, durante un prazo de 30 días hábiles desde a data de publicación.

Porén, desde Asociación Ambiental Contramínate queremos informar que unha vez máis presentaremos alegacións a esta investigación. Este é un chamado para que outras asociacións e particulares interpoñan alegacións a proxectos coma este, por desgracia bastante habituais en toda Galicia.

Non permitamos que a especulación e o espolio dos recursos naturais empobrezan a nosa terra.

Minas a ceo aberto non! Nen aquí nin en ningures!

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

1 Comment so far

ManuelPosted on  8:26 pm - Ene 23, 2016

VIVA LAS MINAS TAMBIEN EN GALICIA

Leave a Reply