Por unha acuicultura de calidade, cita en Compostela

contraminateBycontraminate

Por unha acuicultura de calidade, cita en Compostela

O vindeiro sábado, 27 de febreiro, estaremos na manifestación convocada ás 11h30, na Alameda de Santiago de Compostela, para rexeitar o anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia.

A futura lei, segundo se desprende do propio texto, representa un ataque directo ao tecido social do rural costeiro galego. Aquí resumimos os principais motivos:

  • En aras dunha suposta modernización e aumento de produtividade, sen ningunha dúbida o aspecto máis importante, a Xunta busca un modelo de acuicultura como o noruego. Isto é, cunha enorme produtividade pero que crea escaso emprego e reparte pouco os beneficios. Nós, en Galicia, temos un tecido social sostido por outro modelo, con maior calidade de produto, menor produtividade e maior reparto de beneficios. Logo, non será máis interesante optimizar o noso modelo, moito máis social, fronte a outros enfocados unicamente á aumentar a produtividade?
  • En segundo lugar, neste anteproxecto, ábrense as portas á privatización do mar por parte das grandes empresas. Seguindo a liña do Plan Sectorial Mineiro, dotaríamos de dereitos ás empresas que explotan os nosos mares e ríos. Non poderíamos pasar, nin por terra nin por mar, polas zonas nas que as empresas de acuicultura teñan dereitos de explotación. O mar xa ten cancelas. Eso sí, teóricamente non habería problema porque as concesións se realizarán con publicidade e atendendo a criterios de solvencia financeira, económica e técnica. Pero que poderá competir con eses criterios fronte ás grandes multinacionais? Quen consigue antes un crédito un mariñeiro ou unha gran multinacional?
  • En terceiro lugar, figura a cuestión das especies foráneas e da contaminación. Se permitimos a explotación de calquera especie, está sobradamente demostrado o dano que esas especies descolocadas (foráneas) provocarían. Pero parece que non aprendemos. Non é unha cuestión de romanticismo senón de ciencia.
  • Por último, pero non menos importante. Que pasará cos espazos naturais en perigo? Segundo este anteproxecto, poderíase ubicar unha explotación acuícola en calquera espazo (río ou costa) independentemente da súa protección. Imos cara un modelo de explotación no amplo senso da palabra onde xa non haberá nin espazos libres de minas na terra nin de xaulas no mar. EN DEFENSA DA NOSA XENTE E DO NOSO TERRITORIO, non o permitamos!

DIGAMOS NON AO ANTEPROXECTO DE LEI DE ACUICULTURA.

VÉMONOS EN SANTIAGO, O SÁBADO 27 ÁS 11H30.

HABERÁ UN SERVIZO DE AUTOBUSES Á DISPOSICIÓN DAS PERSOAS QUE QUEIRAN ASISTIR. SEGUIREMOS INFORMANDO EN CANTO TEÑAMOS MÁIS DATOS.

Enlace ao ANTEPROXECTO_LEI_ACUICULTURA_DE_GALICIA_Galego_V.1__03-08-2015_

IMG-20160220-WA0002 (2)

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Leave a Reply