O TTIP: resumo da charla informativa en Laxe

contraminateBycontraminate

O TTIP: resumo da charla informativa en Laxe

Charla TTIP

A Unión Europea e os EEUU levan tres anos negociando un tratado para crear unha gran área de libre comercio, conocido como TTIP polas súas siglas en inglés: Tratado Transatlántico de Comercio e Inversiones. Se se chega a un acordo, a ambición é cerralo a finais deste 2016. Pero este tratado levanta moita polémica en Europa e nesta charla, a cargo de Gonzalo Rodríguez, profesor de Economía Aplicada na USC e membro de ATTAC, que tivo lugar o 21 de maio de 2016 no Salón de Actos do Concello de Laxe, tratamos de comprender os puntos máis conflitivos deste tratado.

Para asegurar que as grandes empresas sigan crecendo pese á perda do poder adquisitivo da maior parte da sociedade despois da crise económica iniciada en 2008, o TTIP articula tres mecanismos:

  1. Trata de reducir os impostos que pagan as empresas,
  2. Ofrece garantías ao investimento internacional e
  3. Persegue unha harmonización regulatoria.

No que atinxe á redución de impostos, o TTIP vai impoñer reducións arancelarias dun 3%, pero non así na agricultura. Deste xeito van baixar os prezos derivados dos produtos agrícolas que serán importados dos EEUU e en xeral, a calidade dos alimentos que consumimos empeorará. Este é un dos puntos máis perigosos para a agricultura europea, que conta cuns controis de calidade máis estritos e por tanto, mellores que a norteamericana. Un exemplo é a presenza da bacteria e coli en carnes e verduras. As industrias cárnicas norteamericanas lavan os filetes con cloro e nun futuro próximo poderíamos estar consumindo aquí estes alimentos.

Para o segundo fin, ofrecer garantías ao investimento transnacional, é preciso dar preponderancia ás empresas sobre os estados. A este efecto hai previsto un mecanismo de resolución de disputas entre inversores e estados, o ISDS. Mediante o ISDS, agora chamado ICS (sistema judicial de inversiones, por sus siglas en inglés), créase un tribunal de arbitraxe privado formado por avogados corporativistas internacionais. Os seus laudos serían inapelables.  Segundo o ISDS as empresas poderán interpoñer demandas aos países. Deste xeito se evita todo proceso de “nacionalización” dos recursos naturais e públicos por parte do goberno dun país. Así, os inversores estranxeiros poden externalizar os costes dos riscos que asumen ao faceren negocios no estranxeiro, traspasando estes costes aos ciudadáns. No mellor dos casos, o goberno terá que pagar aos árbitros e avogados defensores, a un coste promedio de 4 millóns de dólares por demanda. E no peor dos casos, cando os árbitros fallan a favor dos inversores, o goberno ademáis deberá compensalos pola cantidad que determinen os árbitros.

Sirvan un par de exemplos para ilustrar a ameaza da aprobación do ISDS:

1)      A multa de Philip Morris, a través da súa filial suíza, a Uruguai polo seu etiquetado, froito dunha campaña nacional para frear o tabaco. A tabacalera exixiu 2000 millóns de dólares ao goberno uruguaio que por suposto non puido iniciar un pleito destas características nin defenderse, xa que non podía pagar semellante suma. Na súa axuda tiveron que acudir fundacións e ONG’s de todo o mundo.

2)      As grandes empresas españolas xa disponen de tribunais de arbitraxe internacionais onde denuncian aos estados cando consideran que estes atentan contra os seus intereses. O Centro Internacional de Arreglo de Diferencias Relativas a Inversiones (CIADI) é o tribunal de arbitraxe empregado con maior frecuencia polas multinacionais para resolver controversias cos estados. Existen 10 demandas de corporacións europeas a países centroamericanos, das cales 2 pertencen ao sector da enerxía: Iberdrola litigou con Guatemala con motivo dunha disputa nas tarifas —a compañía consideraba que o gobierno reducira demasiado a tarifa á poboación—, e a italiana Enel demandou a El Salvador por paralizar un proxecto no que o Estado salvadoreño detectara irregularidades.

Trasladando esta política “colonialista” á Europa, no caso de que por exemplo un estado quixese impoñer medicamentos xenéricos, coa posta en marcha deses Tribunais de Arbitraxe, as grandes farmacéuticas terían a posibilidade de demandar aos países por lucro cesante, é dicir, pola cantidade de diñeiro que estas farmacéuticas perderían.

Por último, o Consello de harmonización regulatoria, encargaríase de discutir as normativas antes de que estas pasen polos parlamentos europeo e nacionais, o que constitúe outro perigo para a calidade alimentaria e a saúde pública. A normativa de alimentos transxénicos está detrás deste instrumento regulador: en EEUU, con tal de aumentar a produtividade son válidas as probas e análise de calidade presentados polas empresas. Sirva tamén o exemplo da normativa Rich: hai 300 produtos químicos perigosos en Europa, mentres que en EEUU desta lista se consideran perigosos só 12. En Europa respectase o principio de precaución no que atinxe aos transxénicos, só están permitidos os vexetais, e deben estar etiquetados como tales para información pública. Coa aprobación do TTIP empezaríamos a consumir produtos transxénicos vexetais e animais sen sabelo, xa que o etiquetado non sería obrigatorio.

En definitiva, os danos sobre a saúde así como a precarización laboral non compensan a suba do PIB anunciada pola posta en marcha do TTIP. Vemos máis ben que a finalidade última non é mellorar as nosas condicións de vida, senón competir con potencias económicas emerxentes como China.

O TTIP, como elemento dunha estratexia de desposesión e espolio a nivel mundial, xa intentou poñerse en marcha no ano 1995, pero os movementos antiglobalización o paralizaron en Seattle. Coa crise económica golpeando duramente a Europa, os actores responsables deste tratado intentan recuperalo.

Neste senso, hai que destacar que tanto o PSOE como o PP apoian no Parlamento Europeo a sinatura deste tratado. eurodiputado francés Emmanuel Maurel foi o único membro socialista da Comisión Europea que votou en contra do ISDS, xunto cos Verdes e o grupo Esquerda Unitaria Europea (ao que pertencen Die Linke, Syriza, Esquerda Unida e Podemos, entre outros).

A ausencia de debate político público en España acerca de medidas que tanta repercusión poden ter tanto sobre a soberanía nacional como sobre a nosas vidas, resulta esclarecedora das prioridades dos partidos políticos que aspiran ao goberno.

Máis de 2,8 millones de persoas de toda Europa asinaron en 2015 a Iniciativa Cidadá Europea auto-organizada contra o TTIP, son case tres millóns de persoas intentando convencer aos políticos da UE que os beneficios das empresas no deberían primar por riba dos dereitos dos pobos.

Únete á iniciativa, participa, difunde. Móvete!

About the Author

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Leave a Reply