¿Como podes axudar?

contraminateBycontraminate

Vida humana e natureza perigan en Corcoesto e Bergantiños, e este é só o principio dun plan mineiro que pretende levar adiante a empresa mineira Edgewater Exploration LTD. Que no caso de aprobarse, podería levar á ruína a toda a Costa da Morte.

O megaproxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto pode ser fatal para a nosa zona, xa que se pretende empregar toneladas de cianuro e outros elementos químicos perigosos, ademais de dispersar no aire partículas do arsénico contido naturalmente na rocha. Todo isto pode danar gravemente a saúde da poboación e a biodiversidade, hipotecando para sempre o futuro da bisbarra.

Dende Contraminate, grupo de veciños que formamos parte da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños precisamos axuda para protexer o territorio entendido como patrimonio, como espazo construído a través do tempo, como o lugar onde se desenvolve a vida humana, onde se traballa, onde se transmiten as tradicións, faise historia, cúmprense os soños e as necesidades das persoas que o habitamos.

Agradecémosche sinceramente uns minutos do teu tempo para que poidas informarte e logo decidas se queres colaborar connosco e pasar a formar parte deste movemento.

ayduaComo?

1) Espallando as nosas follas informativas.

2) Colocando carteis da plataforma en lugares visibles no teu concello, no centro de estudos ou de traballo.

3) Participando da campaña “EU DIGO NON …” enviando fotografías de cidadáns convencidos e dispostos a mostrar o seu rexeitamento ó proxecto .

4) Recollendo firmas de apoio ás xestións administrativas que continuamente estamos a realizar.

5) Asistindo ás asembleas e aportando novas ideas.

6) Organizando conferencias na túa localidade: locais municipais, asociacións centros culturais… (Contamos con poñentes preparadas para informar sobre o proxecto mineiro).

7) Asistindo e difundindo as conferencias, charlas e os actos reivindicativos que se organizan.

8) Contactando co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo: secretaria.presidente@xunta.es. Mostrándolle a túa oposición ó plan de minaría a ceo aberto que ten deseñado para Galicia, e pedíndolle que deixe de apoiar ás multinacionais do sector.

8) Escribindo ó Concello de Cabana mostrando con todo o respecto a túa repulsa ó proxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto: cabana@concello-cabana.es

9) Compartindo a dirección desta páxina con todos os teus amigos e familiares por todos os medios que che resulten posibles.

Si cadaquén axuda na medida das súas posibilidades, maior será a forza do noso colectivo.

Nesta páxina podes descargar os documentos necesarios: RECURSOS GRAFICOS  ayuda-avanza-ong-300x203

Leave a Reply