Mapa EDT

contraminateBycontraminate

MAPA DE ENTIDADES EN DEFENSA DO TERRITORIO

Entidades que traballan contra as imposicións das industrias extractivas e pola autonomía do pobo: SI SODES UNHA ORGANIZACIÓN QUE LOITA POLOS DEREITOS DO POBO E CONTRA A EXPOLIACIÓN DOS RECURSOS ¡¡UNÍDEVOS!!

Contramínate leva moito tempo investido no traballo local para ofrecer resistencia á imposición dunha megamina de ouro en Corcoesto. Contribuíndo á rede local, como é a Plataforma en Defensa de Corcoesto en Bergantiños e máis colaborando coa Rede contra a Minaría Destructiva na Galiza, Contraminacción.

Non obstante, decatámonos cada vez máis de que, a pesar de que non podemos descoidar a nosa acción local informativa, de sensibilización, de intervención e de resistencia, ás forzas ás que nos afrontamos están a unha escala moito maior e a nosa intervención ten que ser acorde.

Sen descoidar o traballo local queremos comezar a visibilizarnos como un movemento moito maior, e estar en contacto para que as nosas estratexias medren conxuntamente.

Nome do colectivo
Actividave
Localización
Web
E-mail/teléfono
Responsables/ Empresa extractora
Plataformas ou redes ás que pertenecedes

Leave a Reply