Quen somos

contraminateBycontraminate

Contramínate comeza como un colectivo de veciños de Laxe (A Coruña), constituido en febreiro de 2013 para intentar parar o proxecto mineiro a ceo aberto de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), xunto coa Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.

Pouco despois formamos parte dunha rede xeral de plataformas a nivel galego, de diversa orixe e composición, chamada contraMINAcción, que engloba dende colectivos afectados ata sindicatos, asociacións cívicas e ecoloxistas.

Unidos baixo o lema “Galiza non é unha mina” convocamos unha manifestación o día 2 de xuño de 2013 en Compostela que reuniu a unhas 14.000 persoas na Quintana, según as estimacións da policía. Isto foi un éxito determinante da sociedade civil contra o proxecto da Xunta de vender Galiza ás empresas mineiras.

En abril de 2015, superada (esperamos) a loita contra o proxecto de Corcoesto, punta da lanza da política espoliadora da Consellería de Industria, decidimos constituírmos como asociación ambiental para seguir velando pola defensa do noso territorio.

O noso labor, centrado localmente en Laxe, consiste en informar obxectivamente sobre ameazas ao medioambiente, ademais de organizar actividades e encontros centrados no disfrute e a preservación da natureza.

Contraminate