Tag Archives: Contramínate

contraminateBycontraminate

O TTIP, un troiano na Unión Europea?

Charla informativa en Laxe

O sábado, 21 de maio, Contramínate organiza unha charla-coloquio acerca do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións) que se está a negociar entre a Unión Europea e os EEUU.
Gonzalo Rodríguez, profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC e membro de ATTAC, aclarará os puntos principais polos que debemos estar alertas.
Esperámosvos no salón de actos do Concello de Laxe ás 18h.
Prégase difusión.
Charla Coloquio_TTIP_Contraminate_ cartel A4-01
contraminateBycontraminate

Por unha acuicultura de calidade, cita en Compostela

O vindeiro sábado, 27 de febreiro, estaremos na manifestación convocada ás 11h30, na Alameda de Santiago de Compostela, para rexeitar o anteproxecto da Lei de Acuicultura de Galicia.

A futura lei, segundo se desprende do propio texto, representa un ataque directo ao tecido social do rural costeiro galego. Aquí resumimos os principais motivos:

Ler máis

contraminateBycontraminate

A Xunta aproba un estudo mineiro de 156 cuadrículas mineiras en Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo.

cuadrículas

Outro proxecto de investigación mineira á procura de ouro, prata e metais afíns (recursos da sección C), ameaza unha vez máis a nosa bisbarra.

O pasado venres 15 de xaneiro, a Consellería de Economía, Emprego e Industria publicaba no DOG aprobaba a solicitude presentada o 20 de xuño de 2011 pola sociedade Grupo M-FM, S.L., dando o  permiso de investigación mineira de 156 cuadrículas mineiras situadas nos municipios de Zas, Santa Comba, Coristanco e Vimianzo. Ler máis

contraminateBycontraminate

Proxección do documental “Tesouro de Corcoesto”

cartaz tesouro

A veciñanza e os/as visitantes de Laxe foron partícipes das preocupacións xeradas polo proxecto mineiro, tema do documental “Tesouro de Corcoesto” da directora Cora Peña.

Aproveitaremos a proxección para facer a presentación da nova Asociación Medioambiental Contramínate, que nace co mesmo espírito e obxectivos máis amplos que a Asemblea Veciñal que plantou cara ó proxecto de megaminería en Corcoesto.

Solicitamos a máxima difusión do cartaz que podedes descargar desta mesma paxina.

contraminateBycontraminate

Día mundial dos océanos: recollidos case 200 kg de lixo na praia de Laxe

100_1899

En coordinación con ADEGA, os días 5, 6 e 7 de xuño celebramos esta efeméride co obxectivo crear conciencia sobre a necesidade de reducir o consumo de plástico a nivel mundial, cunha recollida de lixo nas praias de Galicia.

Ler máis