Continuaremos dando paos legais ao proxecto de Mineira de Corcoesto e cia

contraminate Porcontraminate

Continuaremos dando paos legais ao proxecto de Mineira de Corcoesto e cia

A Consellería de Industria próximamente abrirá un prazo para volver presentar alegacións contra o proxecto, poñendo a disposición pública o expediente de Mineira de Corcoesto. Agora ben, as persoas e colectivos interesados non terán acceso a tódolos documentos: non mostrarán a documentación relativa aos estudios da presencia de ouro, nin ao compromiso de explotación subterránea posterior nin os relativos ao informe da secretaria de Medio Rural, dado que a Consellería os considera información secreta.

Desde Contramínate, suxerimos que precisamente pidades esta información cando vaiades presentar as novas alegacións ao proxecto. En breve vai aparecer publicado no DOGA o “Trámite de Audiencia” máis o “Trámite de Información Pública”. Para este último, nós deberíamos persoarnos e entregar as alegacións, facendo alusión a eses documentos clasificados que non nos deixan revisar. Supoñemos que isto forma parte desa última campaña de “finiquito” ou “preclusión” á que se refire Tahoces no artigo aparecido o 9 de novembro no Diario de Bergantiños, unha medida da Xunta, pensamos, para evitar a indemnización que lle pedía a empresa.

Con respecto ao anterior, temos pendentes as seguintes tarefas pendentes: 1) escribir ao Valedor do Pobo con respecto á validez da DIA presentada por Edgewater a través de Mineira de Corcoesto. En caso de ser aínda, válida, pediremos que se cancele; 2) Presentar alegacións na Consellería de Industria unha vez apareza publicado o trámite no DOGA (teremos 15 días para iso) e pedimos colaboración ao resto de asociacións, plataformas e grupos ecoloxistas para que as alegacións sexan múltiples.

Sobre el autor

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario