Glifosato, non grazas: instrucións para detelo

contraminate Porcontraminate

Glifosato, non grazas: instrucións para detelo

O herbicida máis usado do mundo, según estudos da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, amosou ser un axente canceríxeno e disruptor endocrino que causa tumores nos tecidos animais. Igualmente, existe evidencia do seu perigo nos humáns.

Entre o 18 e o 19 de maio de 2016, a Comisión Europea intentou sen éxito prorrogar a autorización do glifosato por 9 anos máis  (para usos profesionais e non profesionales, en agricultura e mantemento de xardíns).

O Comité Permanente de Prantas, Animais, Alimentos e Piensos, reunido nestes días, non logró aprobar a reautorización de produtos como o Round Up por non contar coa mayoría necesaria. Para esta mayoría precisan os votos dos representantes de alomenos o 55% dos estados membros (uns 16 países), que representen a máis do 65% da población europea.

O 99% da poboación podería ter no seu organismo restos de glifosato, como amosa a analise á que se someteron voluntariamente 48 eurodiputados, que reflicte a media de 1,7microgramos/litro de glifosato presente nos ouriños, unha cantidade 17 veces superior á permitida pola normativa europea de auga para consumo.

A pesar de todo, 19 Estados membro (España entre eles) votaron a favor da prórroga, houbo 7 abstencións (entre eles, Alemaña, pola presión social), pero dous dos máis poboados, Franza e Italia, votaron en contra e así foi como se bloqueou a iniciativa de prórroga, que segue en suspenso ata o 30 de xuño. A partires dese momento, o glifosato deixaría de poder empregarse ainda que cun periodo de gracia de 6 meses, para eliminar o produto do mercado.

Pese ás evidencias científicas presentadas contra o glifosato e a posible prohibición por parte de UE, os Estados membro poderían ter a última palabra no seu emprego, no caso de España as organizacións sociais denuncian que esta autorización sería ilegal porque incumpriría a normativa europea.

Pola nosa banda, a Asociación Ambiental Contramínate, presentou unha moción contra o uso do glifosato no Concello de Laxe, que foi aprobada de xeito unánime polo Pleno da Corporación.

A falta de acción institucional, a sociedade civil se está a mobilizar para proteger á nosa saúde e cada vez son máis os Concellos que aproban mocións para prohibir as fumigacións con glifosato.

Ademais, existe a posiblidade de solicitarlles o rexeitamento deste perigoso herbicida a través deste mail: nobiocidas@gmail.com

Únete á campaña contra o glifosato: di non ao glifosato!

Fonte: Ecologistas en Accción

Imagen de previsualización de YouTube

Resolución Laxe- Glifosato

 

Resolución Laxe- Glifosato

Sobre el autor

contraminate

contraminate administrator

Asociación Ambiental de Laxe, (A Coruña) - Galiza (España)

Deja un comentario