Archivo de etiquetas Concello de Laxe

contraminate Porcontraminate

Glifosato, non grazas: instrucións para detelo

O herbicida máis usado do mundo, según estudos da Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, amosou ser un axente canceríxeno e disruptor endocrino que causa tumores nos tecidos animais. Igualmente, existe evidencia do seu perigo nos humáns.

Entre o 18 e o 19 de maio de 2016, a Comisión Europea intentou sen éxito prorrogar a autorización do glifosato por 9 anos máis  (para usos profesionais e non profesionales, en agricultura e mantemento de xardíns).

Ler máis

contraminate Porcontraminate

O TTIP, un troiano na Unión Europea?

Charla informativa en Laxe

O sábado, 21 de maio, Contramínate organiza unha charla-coloquio acerca do TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións) que se está a negociar entre a Unión Europea e os EEUU.
Gonzalo Rodríguez, profesor do Dpto de Economía Aplicada da USC e membro de ATTAC, aclarará os puntos principais polos que debemos estar alertas.
Esperámosvos no salón de actos do Concello de Laxe ás 18h.
Prégase difusión.
Charla Coloquio_TTIP_Contraminate_ cartel A4-01